Galicia en Goles
Carlos Canal "É a carreira máis dura que corrín pero o sufrimento tivo recompensa"
A Vuelta Ciclista a España rematou cunha crontrarreloxo individual con chegada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Venceu con autoridade o esloveno Primoz Roglic, triunfador tamén da clasificación xeral e conquerindo o terceiro xersei vermello consecutivo.
Na liña de meta tamén estaba o limiés Carlos Canal, o único galego presente na ronda española "É a carreira máis dura que corrín pero o sufrimento tivo recompensa. Estou moi feliz por chegar a Santiago, unha ledicia. O ano pasado corrín 21 días en todo o ano. Acabar a miña primeira grande é importante para a miña carreira"
Sobre a contrarreloxo Canal asegurou que "non me quedan ganas de repetir (sorrí). A primeira parte era dura, podería ser incluso un porto de terceira categoría. A meta é espectacular"
Tras dous anos no pelotón profesional, Canal asegura que seguirá sendo profesional ainda que non está claro se continuará no Burgos ou saltará a outro conxunto "Ainda darei guerra un par de anos máis". Tamén opinou sobre a nova adiantada pola Radio Galega: Galicia volverá a ter unha proba no calendario profesional no ano 2022 "É unha gran nova. Ogallá poida vir correr aquí. É importante para o noso ciclismo. Tamén é vital para a canteira que poida aparecer de novo un equipo profesional"