CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Xosé Manuel Traba: "Había tempo que o Deportivo non daba un nivel tan alto"

05/07/2020 - 19:13 h

O Deportivo venceu por dous goles a un ante o Huesca e suma corenta e oito puntos, a un triunfo da salvación. A afección respira e goza do mellor nivel de xogo dos brancos e azuis.

Así pensa o máximo goleador histórico do conxunto coruñés e analista do Galicia en goles Xosé Manuel Traba: "Había tempo que o Deportivo non daba un nivel tan alto. Hoxe, ante un gran rival, a primeira parte foi boa. Aketxe está amosando unha melloría brutal".

Traba non quere triunfalismos: "O certo é que Fernando Vázquez trocou e transformou o equipo e a súa mentalidade. Aínda non está salvado o equipo e hai que certificalo".