Galicia en Goles
Diego González Rivas: "Trato de seguir o Deportivo sempre que podo, estea onde estea"
O médico máis mediático dos últimos tempos sorprendeu a todos nun capítulo dunha produción española. Diego González Rivas cruzaba a fronteira entre Kosova e Albania mentres escoitaba o Galicia en goles coa narración de Javi Torres no Zaragoza - Deportivo. O Messi da medicina falou este domingo na Radio Galega sobre deportivismo, cirurxía, surf...
"Trato de seguir o Deportivo sempre que podo, estea onde estea. Ese día estabamos entre montañas e tiña moito medo que se cortase a recepción"
Pioneiro na cirurxía torácica Uniportal VAT, comenzou poñéndoa en práctica na Coruña e agora achégaa a más de cen países. A súa media anual é de oitocentas operacións.
"Descubro culturas novas e resulta interesante. Cando vou operar a África é cando nos atopamos con situacións máis complicadas, porque a nosa técnica require duns utensilios e material do que alí non dispoñen. Pero, como podemos, facémolo".