CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Diego Epifanio: "Os nosos erros e o seu rebote ofensivo foron chaves da derrota"

05/06/2021 - 22:51 h

O Breogán  desaproveitou a primeira bala para lograr o pase á final de ascenso á Liga ACB tras caer en Alacante por 77 a 66 no segundo partido da serie. Agora terá que buscalo no terceiro e definitivo partido, a disputar  o mércores ás 20.30 en Lugo.

A pé de cancha co técnico Diego Epifanio: "O partido tivo dúas partes. A patir do descanso eles puxeron unha marcha máis e nós non tivemos acerto en momentos puntuais para achegarnos no marcador. Os nosos erros e o seu rebote ofensivo foron chaves da derrota"

Sobre o terceiro partido Epifanio foi claro "De novo, o factor Pazo, que nos axudou moito. Debemos facer o posible para pasar a rolda, confiar no noso traballo no apoio da xente para gañarlles a eles, que chegarán con moita confianza"