Galicia en Goles
Este domingo, no 'Galicia en goles', o fútbol da Terceira División.
O domingo, ás 12, a edición matinal de 'Galicia en goles' atenderá á segunda rolda de ascenso á Primeira de fútbol sala feminino co Valdetires Ferrol-Marín.
Desde as 3 o interese estará no fútbol da Terceira, coa antepenúltima xornada de permanencia.
Destacan os encontros Viveiro-Ourense C. F., Arzúa-Ribadumia e Paiosaco-U. D. Ourense.
'Ao contraataque' pechará a emisión do día ás 11 da noite coa mesa de debate sobre o sucedido no deporte galego durante a fin de semana e a actualidade dos equipos de fútbol, xa de vacacións no céspede, pero con traballo nos despachos para configurar os cadros de xogadores para a próxima temporada.