Galicia en Goles
Whalley "Creo que si é penalti. Ata o seu gol o control do partido foi noso"
O Lugo sumou un punto na súa visita ao Fernando Torres de Fuenlabrada. Señé adiantaba aos da Muralla no primeiro tempo pero acto seguido Pedro León igualaba o encontro.
No segundo tempo o VAR anulou un penalti sobre Valentín mentres que o árbitro si asubiou un contra o conxunto no tempo extra. Afortunadamente para os intereses lucenses, o porteiro Óscar Whalley atallou a pena mñaxima "Creo que si é penalti. Campa non pode moverse e hai contacto. Teño que revisala. Paralo da confianza e polo menos serviu para puntuar nun campo moi difícil. Ata o seu gol o control do partido foi noso. Xogamos moi ben sobre todo na primeira parte. Creamos perigo. Son boas sensacións do equipo"
Whalley tamén considera que "todo o que sexa sumar, sobre todo fóra de casa, é bo. Queremos gañar, e se seguimos con esta dinámica, creo que chegará. A sensación que temos é que xogamos ben, a intensidade, o corazón. Viuse na 1ª parte"