CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Onésimo "No segundo tempo o equipo achegouse ao que queremos. Merecimos gañar"

04/09/2021 - 19:44 h

O Celta B sumou o seu primeiro punto nesta temporada tras empatar en Barreiro a cero ante o Badajoz. O técnico Onésimo Sánchez valorou o resultado "Era un partido complicado, contra un conxunto con bos futbolistas, con moita calidade. No  primeiro  tempo faltounos claridade nalgúns conceptos. Eles tampouco tiveron moitas chegadas, unha ou dúas, que resolvimos ben.  Na 2ª  parte a cousa cambiou; o equipo semellouse máis ao que queremos. Os trocos estiveron ben, enchufados. Merecimos a vitoria"

Trala derrota da xornada inicial, Onésimo quixo destacar aos seus xogadores "Foi un bo punto, un bo resultado. Gustoume a mensaxe de querer sempre ir gañar. O encontro de Riazor xa pasou, os rapaces teñen moito mérito. Hoxe, ante un gran rival,  fomos mellores"