CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Analizamos a actuación galega na segunda xornada da Bandeira Concello de Coruña, proba inaugural da liga ACT de traíñas.

04/07/2021 - 14:30 h

Este domingo celebrouse na enseada do Orzán a segunda xornada da Bandeira Concello de Coruña, proba inaugural da liga ACT de traíñas.

Gañou a embarcación vasca de Bermeo. En canto á participación dos clubs galegos Ares completou unha gran regata e finalizou quinto. Suma uns importantes puntos de cara a loitar pola permanencia na que tamén estará Tirán, que foi noveno.

A mala nova chegou da man de Cabo de Cruz. Tras un bo arrinque na xornada do sábado, o conxunto boirés pagou varios condicionantes e  completou a bandeira na última posición.

Alí estivo o Galicia en Goles e recolleu as valoracións de tódolos adestradores dos equipos galegos.