CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Benigno Silva, adestrador de Cabo de Cruz: "Estamos moi verdes, con moita ansiedade e falta de ritmo"

04/07/2020 - 19:49 h

A enseada de Riazor e o Orzán, na Coruña, foron o lugar escollido para abrir o pano da Liga ACT de traiñeiras. Na primeira xornada disputada na tarde do sábado venceu Hondarribia, por diante de Santurtzi. As dúas embarcacións galegas remataron con moi bo sabor de boca. Cabo de Cruz clasificou no sexto mellor tempo e Ares foi noveno.

Benigno Silva é o adestrador de Cabo de Cruz: "Estamos moi contentos co resultado. Esta primeira regata era para saber onde estabamos cada unha das embarcacións porque a pretemporada foi curta. Nós estamos moi verdes, con moita ansiedade e falta de ritmo. Aínda non falei cos xogadores, pero notamos a inactividade".