Galicia en Goles
Moncho Carnero: "Creo que o Celta, a pesar do empate, está salvado"
O Celta non foi quen de pasar do empate a un gol ante o Betis en Balaídos. O conxunto olívico rematará a xornada con seis puntos de marxe sobre o descenso. Esta parte é a máis positiva que ve o noso analista Moncho Carnero.
"Creo que o Celta, a pesar do empate, está salvado. Se non na seguinte xornada, si a fin de semana que vén creo que acadaremos a permanencia. Deberiamos facer todo moi mal e o Mallorca moi ben".
Pero non todo son boas novas. A análise de Carnero sobre o partido anteo Betis foi moi crítica.
"O partido foi malo. Tiramos a porta no gol de Nolito e nada máis. Eles foron mellores e mereceron máis. Houbo, no seu gol, ou erros de comunicación ou de intensidade porque erraron moito as marcas".