CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Chuco: "Notouse o confinamento, sobre todo nas embarcacións máis lixeiras"

04/07/2020 - 16:35 h

Hoxe abre a temporada de vela coa Regata Infanta Helena, que se desputará ata o domingo na ría da Coruña. No Galicia en goles falamos co director da escola de vela do Real Club Náutico da Coruña e organizador da competición, Chuco Pérez-Lafuente.

"Notouse o confinamento, sobre todo nas embarcacións máis lixeiras. Hai que ter en conta que os regatistas estiveron parados moito tempo".

Sobre a propia competición, Chuco analizou os favoritos para obter o triunfo, pero avisa: "Hoxe as regatas foron moi rápidas. Había nudos suficientes de vento e iso favoreceu. Pero, ollo, mañá din as previsións do tempo que temos que non rolará tanto o vento e quizáis iso troque todo. A ver se podemos rematar antes do límite horario que nos marcan".