Galicia en Goles
Natxo Lezkano: "O Breo vai a sentenciar en Alacante. O Coruña chega máis fresco"
Nunha fin de semana chave nas semifinais de ascenso á Liga ACB o 'Galicia en goles' conversou con Natxo Lezkano, exadestrador do Breogán e actualmente dirixindo o CB Oviedo. Con el conversamos sobre o seu exequipo e do Básquet Coruña
Di Lezkano: "O Breo vai sentenciar en Alacante. Pode pasar de todo, pero creo que non haberá terceiro partido. O Alacante tivo a súa opción e non a aproveitou. A profundidade de banco será chave. No primeiro partido ningún dos dous equipos está sendo sólido. Foi partido de xeiras, tentaron agarrarse ao partido como podían..."
Sobre Coruña Lezkano: "Gañou ben, está máis fresco que Granada. A eles failles dano a eliminatoria anterior, de moito desgaste, e nun playoff onde todo vai seguido, días de descanso son chave. Chegan no seu momento, e ben para pasar de eliminatoria"