CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Fernando Pumar: "Seguimos medrando nesta pretemporada, e así debe ser ata que comecemos"

03/10/2020 - 21:42 h

O Rácing de Ferrol saíu vitorioso no seu segundo amigable nesta atípica pretemporada. O conxunto departamental derrotou na Magdalena por 0 a 2 ao Rácing Vilalbés. O protagonista que atendeu aos medios de comunicación foi Fernando Pumar.

"Seguimos medrando nesta pretemporada e así debemos seguir ata que comecemos. Estamos probando sistemas, traballando nos entrenos o 4-4-2 e no 4-3-3. Estamos cómodos cos dous. En liñas xerais, veremos en cada momento cal nos vén mellor".

Pumar recoñeceu que "hai que ter alternativas. Temos xogadores para poder xogar a todo. Agardamos que canto antes poidamos contar con todos os xogadores que formarán o equipo, para non cargarnos de minutos nestes partidos. Estamos ben fisicamente".