CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Borja Granero: "Faltou frescura nas pernas nesta semana tan cargada de adestramento"

03/10/2020 - 21:30 h

O Deportivo non pasou do empate a 0 no seu amigable en Carballo fronte ao Bergantiños. o protagonista que atendeu aos medios de comunicación foi o central Borja Granero.

"Faltou frescura nas pernas nesta semana tan cargada de adestramento. Temos que ir mellorando pouco a pouco, pero o certo é que son cousas da pretemporada".

Granero apuntou as chaves do partido: "Estes son os campos que atoparemos esta temporada. Hai que saber buscar, nos días que non se está fresco, xogadas a balón parado ou outras armas".

O vindeiro amigable do conxunto coruñés será o mércores en Pasarón fronte ao Pontevedra, ás doce do mediodía.