CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Adi Iglesias "Aínda non son consciente do que fixen. Cando chegue a España creo que me darei conta do acadado"

04/09/2021 - 14:34 h

A atleta lucense  Adiaratou Iglesias gañou a medalla de prata nos Xogos Parolímpicos de Tokyo na proba de 400 metros catro días despois de conquerir o ouro nos cen metros. A atleta do Lucus-Caixa Ruralcorreu os 400 metros en 55,53 segundos, a súa mellor marca persoal.

Dende Tokio, Adi atendeu ao Galicia en Goles  "Aínda non son consciente do que fixen. De feito agora mesmo estou un pouco de baixón. Supoño que pouco a pouco irei subindo e creo que Cando chegue a España dareime  conta do acadado. Cheganme mensaxes de Galicia de felicitacións e estou encantada da ledicia que ten a xente"

 

Adi Iglesias falou sobre a carreira "É unha distancia complicada. Hai que estar moi concentrada e ter moita capacidade de sufrimento. Saín algo lenta pero logo apretei. Nos últimos 100 metros adiantoume a azerbaixana Lamiya Valiyeva, que bateu o récord parolímpico con 55.00 segundos"

 

Adi viaxará cara España o vindeiro 6 de setembro e ten prevista a súa chegada a Lugo o martes para recibir o agarimo dos seus veciños.