CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Sylla "É moi especial regresar á Lomba nunha temporada histórica para o Arenteiro"

03/09/2021 - 23:32 h

Esta fin de semana arrinca a 2ª RFEF con seis equipos galegos en competición.

A primeira xornada xa deparará un derbi entre conxuntos da nosa terra. En Vilagarcñia o sábado a partir das oito enfrontaranse Arousa e Arenteiro, dous recén ascendidos a esta nova categoría. Será un partido emotivo para un exxogador arlequinado que agora milita no conxunto carballiñés, Alassane Sylla "É moi especial regresar á Lomba nunha temporada histórica para o Arenteiro. Contáronme que o Arenteiro levaba moitos anos sen xogar en 2ªB e tras ascender o ano pasado e este año tentaremos facer desfrutar á afección"

Sobre o obxectivo Sylla recoñeceu que  "agora mesmo buscamos  a salvación. Logo xa veremos onde está cada equipo pero temos que saír a polos tres puntos sempre. A liga é moi longa. A nivel persoal tentarei estar enchufado e dar o cen por cen, axudar ao equipo. O gol chegará"