Galicia en Goles
Gustavo Vázquez (Cabo de Cruz) "Temos marxe de mellora para as seguintes bandeiras"
Arrincou a Liga ACT de traíñas coa primeira xornada da Bandeira Concello da Coruña desputada na enseada do Orzán. A mellor embarcación das tres galegas foi a boirense de Cabo de Cruz acadando un gran quinto posto. Gustavo Vázquez é o seu adestrador "Sempre gusta comezar con bo pé. É mellor facelo así. Temos marxe de mellora para as seguintes bandeiras. Viñamos coas dúbidas de cal era o noso estado. Dinme que aínda falta o ritmo de regata"
Afirma Vázquez que "hai que ir regata a regata. Non tiven tempo a mirar os tempos, pero é cedo para saber onde está cada equipo. Imos agardar a dúas ou tres bandeiras para saber onde está cada un"