CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Fran Justo: "O Arousa é, por xogadores, o mellor equipo dos que xogamos o playoff"

03/07/2020 - 23:43 h

Xa queda menos para ese playoff de ascenso a Segunda División B que desputarán en Balaídos os catro primeiros clasificados da Terceira Galega: Compostela, Ourense C. F., Arousa e Barco.

Paco Santos conversou co adestrador do conxunto das Burgas, Fran Justo, que valorou o estado do seu equipo de cara a esa gran cita de finais de xullo: "Vexo ben o equipo. Os xogadores chegaron mellor do que esperaba a estas alturas tras unha parada tan grande. Levamos catro semanas de seis de preparación e cada vez queda menos. Temos que agradecer poder adestrar no Couto, coa superficie coa que imos xogar en Balaídos".

Sobre as posibilidades do seu conxunto, confirmou: "Levamos moitos anos traballando para ter unha oportunidade así. O que nos queda por diante é desfrutar. O Arousa, o noso rival, é o mellor equipo por xogadores dos que estamos no playoff. Pouco a pouco vou dando pinceladas aos xogadores pero non quero tampouco profundar para agonialos e que semelle que tarda moito en chegar".