CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Falamos coa árbitra Paula Lema: "Pasei a corentena tras asubiar a final da Copa da Raíña"

03/05/2020 - 19:37 h

Nos diarios do confinamento do Galicia en goles falamos coa árbitra de baloncesto Paula Lema, que pasou a corentena tras asubiar a final da Copa da Raíña en marzo: "Comecei a ter síntomas esa fin de semana, febre, perda de gusto, cansanzo, tose e logo comezaron a aparecer compañeiros con positivos. Fixen a corentena. Para comezar a traballar dei negativo. Teño casa, son afortunada. Onte saín co can preto da praia".

Paula tamén é sanitaria: "Estou agardando a que me chamen para volver traballar na sanidade. Formei parte do primeiro trío arbitral feminino, foi un pouco agoniante polo mediático, pero estivo ben. Compartir vestiario con todos os teus compañeiros".

Sobre estes días de confinamento e as actividades virtuais Paula Lema contou que "durante este tempo tivemos xuntanzas virtais coa FEB. Mandaron videos con criterios para o ano que vén. Por parte da Federación Galega de Baloncesto fíxose un traballo moi bo, con charlas de moitísimo nivel. É de agradecer".