CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Tito Díaz "Se non están garantidos, non ten sentido unha fase de ascensos á ACB"

03/05/2020 - 12:37 h

O director xeral do Breogán, Tito Díaz, pasou polo Galicia por Diante para analizar o  regreso aos adestramentos do deporte profesional "Nesta primeira fase, os xogadores seguirán realizando adestramentos individuais pola súa conta, volver a correr e ter actividade física media, supervisado polo preparador físico, sen entrar ao Pazo. Somos un clube sen instalacións propias, dependemos de instalacións públicas, neste caso da Deputación. Esperamos na segunda fase, a partir do día 10, poder comezar a usar o Pazo con pequenos grupos e ir chegando á fase onde adestremos todos xuntos "

 

Sobre a competición Tito advertiu "Agardamos ir pouco a pouco chegando a esa fase onde poidamos competir, pero aínda non está nada claro. Ao non ser liga profesional estamos á espera de saber se se vai cancelar a Liga ou se vai existir un final da competición, sempre antes do 30 de xuño. Creo que debe haber un acordo e entente entre FEB e ACB. Se non están garantidos, non ten sentido  que haxa unha fase de ascensos á ACB. Ahí hai equipos, sobre todo os europeos, que non ven con bos ollos un aumento a vinte competidores, xa que non haberá descensos.

 

O aspecto económico e outro dos temas que abordou o director xeral breoganista "Nós seguimos no ERTE. Algúns estamos telebrallando e outros están parados. Sí que é certo que os xogadores, de forma individualizada, como calquera cidadán, poden empezar a facer actividade física. O tema da situación economica é de incertidume. Primeiro para ver cómo remata esta temporada. Se hai playoff de ascenso os gastos aumentarán porque hai que extender os contratos e o desprazamento á fase. Está por ver cómo afecta aos ingresos. Temos un compromiso cos abonados e patrocinadores.Ademáis é moi difícil comezar a plantexar un posible presuposto para a vindeira temporada nesta situación de incertidume. Quizáis é o máis arriscado e complexo"