CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Dani Bargiela: "En Vigo a xente saíu en masa, sobre todo pola tarde. Pola mañá cumpríanse as distancias"

03/05/2020 - 10:00 h

Na Radio Galega conversamos con máis atletas que están de volta na rúa para facer deporte.

Dani Bargiela cóntanos a súa experiencia: "Eu fixen percorrido urbano, como adoitaba facer. Fun alternando o paso suave, camiñar, con pequenos treitos de ritmo máis alto. Foron moitas semanas de confinamento e hai que ir pouco a pouco".

Sobre o que viu nas rúas de Vigo, Bargiela confesa:

Aquí a xente saíu en masa, sobre todo pola tarde. Pola mañá cumpríanse as distancias, é algo que me sorprendeu. Víase xente tamén que nunca se vía facendo deporte. Pola tarde vin moreas de xente baixando ás zonas máis transitadas. É un problema das cidades, que non teñen espazo para acumular tanta poboación