Galicia en Goles
Pilar Barreiro "Vivo nunha casa, pero necesitaba saír á rua para ter sensación de liberdade total"
No segundo día da volt a do deporte á rúa, na Radio Galega continuamos a falar con atletas profesionais e federados.
Pilar Barreiro, actualmente no Clube Atletismo Sada contou no Galicia por Diante cómo foi a súa experiencia "Saín suave, para probarme. Levo tres meses nun proceso de recuperación e tan só quería ver as sensacións. Sobre todo foi a ledicia de saír. Fun felíz. Eu teño a sorte de vivir nunha casa, con maior terreo e amplitude que nun piso, pero non é o mesmo. Necesitaba saír á rúa. Foi unha sensación de liberdade total"