CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Juanjo Martínez (Futbolistas ON): "A solidaridade dos equipos grandes cos pequenos é fundamental"

03/04/2020 - 22:04 h

O regreso á competición no fútbol español e os ERTE que a Liga aconsella aos clubs está dando moito que falar.

Onte pasou polo Galicia en goles o presidente do sindicato de futbolístas Futbolistas ON,  Juanjo Martínez: "Queremos que se nos teña en conta para buscar solucións de cara ao regreso da competición. ai moita incertidume. Queremos redactar propostas para expor á Liga e á Federación. Sen estar dentro da AFE, non é unha boa imaxe a que están amosando nos últimos días, con división interna".

Martínez avoga por defender os intereses do fútbol máis modesto: "Esta asociación naceu hai dous anos da preocupación por buscar un convenio colectivo do fútbol femenino e dos dereitos dos xogadores de categorías non profesionais. Creo que agora mesmo, a solidaridade dos clubs grandes cos pequenos debe ser fundamental".