CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Emilio Fernández: "O Liceo é o único prexudicado por esta decisión"

02/05/2020 - 19:27 h

A Federación Española de Patinaxe ven de anunciar o final da OK Liga, sen descenso e dando como campión ao Barcelona. O HC Liceo, segundo clasificado no momento do parón, fixo público un comunicado onde amosa o seu malestar.

O seu vicepresidente, Emilio Fernández considera inxusta esta decisión: "Nós dixemos que ningún equipo tiña que verse prexudicado por esta situacion, abogabamos por non ver descensos, pero claro, darnos a nós a opción de loitar polo campionato. Tememos, ademais, un troco de formato para o ano que ven, con dous grupos. Toca pensar para o ano que vén".

O vicepresidente liceísta engade: "Cremos que é unha decisión precipitada. Hai ascensos, non hai descensos, pero na OK Liga non se loita polo campión. Barcelona e Liceo estaban dispostos a seguir competindo. Había diversas posibilidades: xogar en xullo, agosto, a porta pechada, sempre que se asegurase a saúde".

Outra das decisións que se tomou por parte da federación é o adiamento da Copa do Rei e da Raíña que se desputará na Coruña. A data escollida é a terceira semana de setembro. Pero Emilio Fernández é claro: "Sen público non celebraremos a Copa do Rei na Coruña. A seguridade de xogadores vai por diante de todo. Queremos competir, pero só se as condicións son perfectas e podemos facelo diante dun pavillón cheo. Ogallá poida ser en setembro".