CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Falamos co paralímpico Gustavo Nieves no regreso dos deportistas ás rúas

02/05/2020 - 19:12 h

O atleta paralímpico Gustavo Nieves pasou polo Galicia en Goles o día no que moitos atletas volvían á rúa "Hoxe había moita xente na Gran Vía de Madrid. A pesar de non poder correr nos parques, viase feliz. Víñenme á capital hai uns anos por traballo e para adestrar.Despois de Río desmoraliceime. Tiven moita dor. As operacións saíron ben e comencei a adestrar polas tardes. Fun ao mundial e clasifiqueime para Tokio. Gustaríame, se o corpo o permite, ir a París. Os estados de forma hai que aproveitalos. Dentro dun ano non seri como estarei"

 

Tras dar o primeiro paso de poder adestrar, agora toca saber cando se voltará á competición "Dubido que se poida facer a maratón de Berlín. Ogallá poidamos volver en Valencia, que é unha cita á que vamos moitos galegos."