CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Paula Mayobre "Tiven a sorte de saír nunha zona pouco transitada, vendo o mar"

02/05/2020 - 10:37 h

Hoxe, moitos cidadáns puideron, moito tempo despois, saír de novo á rúa a facer deporte. Entre eles varios runners e  atletas profesionais. 

 

A ferrolá Paula Mayobre aproveitou a primeira hora da mañá para facelo "Eu xa saín. Tiven a inmensa sorte que preto da miña casa xa teño un percorrido pouco transitado. Mirando o mar, nunha parroquia preto de Ares. Tiña moitas ganas.  Dende pequena correr forma parte da miña vida"

 

Mayobre falou tamén das precaucións que hai que tomar nestes primeiros días "Eu saín corenta minutos para ir testeando o corpo. Manter as pulsacións e desfrutar da paisaxe. É o que hai que facer. Hai que ir pouco a pouco"