CRTVG

Buscar

Destacados

Fin de semana de 'Galicia en goles' na Radio Galega

16/01/2020 - 15:45 h

Fútbol e baloncesto protagonizan o Galicia en Goles desta fin de semana na Radio Galega. O sábado, desde as tres, Xoán Galán conduce as retransmisións do Lugo-Albacete, na Segunda División, do Fabril-Choco, de Terceira, e dos tres partidos na LEB Ouro de baloncesto: COB Ourense-Almansa, Breogán-Castelló e Marín-Valladolid. Ademais, o Liceo-Saint Omar, da Euroliga de hóckey a patíns, completa a oferta do día.

O domingo, ás doce, a edición matinal estará centrada no Andorra-Obradoiro, da Liga ACB de baloncesto. No fútbol destacan catro encontros: Melilla-Celta B, Inter-Coruxo, Silva-Somozas e Polvorín-Arousa. Desde as tres, a atención estará posta no Deportivo-Cádiz, de Segunda, e logo no Athlétic de Bilbao-Celta, de Primeira. Na Segunda B hai derbi entre o Racing de Ferrol-Pontevedra, mentres na Terceira xogaranse sete partidos. O Deportivo-Betis, da Primeira feminina, será outro dos directos do programa. 

Ao remate do xogo, adestradores e xornalistas debatirán primeiro no Faladoiro de Galicia en Goles, ata as once da noite, e na última hora día en 'Ao contraataque'. As dúas emisións poden seguirse por streaming no Mira RG, a través da web da Radio Galega e da aplicación para o móvil.

O sábado, os amantes do deporte teñen outras opcións para estar ao tanto do que pasa no deporte galego. Á unha da tarde reúne no Convivir Deportivo á familia do Río Sar de Trazo, un clube especializado na disciplina de tiro. Ás once da noite, Rodrigo Pérez informa da última hora do motor no Gas a fondo. E ás once e media, Toni López continúa dando voz aos galegos que aspiran a competir nos Xogos de Toquio.

 

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí