CRTVG

Buscar

Esta noite, Deportivo-Mallorca, na Radio Galega

Deportivo e Mallorca pechan esta noite a antepenúltima xornada de Liga na Segunda División A de fútbol. Desde as nove menos cuarto da noite, Toni López García dirixe unha edición especial de Galicia en goles para contar o que desde o equipo coruñés se considera unha final para estar na fase de ascenso á primeira división.

Ao Deportivo quédanlle tres encontros para completar a liga regular. Tras os resultados da fin de semana non depende de si, porque o Cádiz empatou onte en Granada. Así e todo, unha vitoria hoxe permitiríalle igualar cos gaditanos e poñerse a tres dos baleares.

Javi Torres encargarase da narración do xogo, apoiado por César Méndez co micrófono sen fíos e Xosé Manuel Traba nos comentarios tácticos.

A partir das once da noite, Ao contraataque dedicará boa parte do seu tempo a escoitar os protagonistas, primeiro a José Luis Martí na sala de prensa e logo aos dous futbolistas destacados na zona mixta.

Este partido decisivo chega na véspera das eleccións para elixir o novo consello de administración do Deportivo. A Radio Galega deseñou unha programación especial para cubrir o evento durante a tarde e a noite do martes. Comezará ás sete da tarde por radiogalega.gal e app e a partir das once da noite continuará no programa Ao contraataque na FM e na TDT, que se emitirá desde Palexco, onde se celebra a xunta de accionistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí