CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A Radio Galega ofrecerá esta fin de semana unha programación especial sobre o Debate de Investidura. A sesión parlamentaria poderá seguirse integramente a través da emisora pública nun especial informativo dirixido polos xornalistas Luis Ojea e Celia Rúa. 

Dende as oito da mañá do sábado ata o remate da primeira votación o domingo, a Radio Galega dará cobertura a unha investidura inédita na Democracia española que podería derivar no primeiro goberno de coliación a nivel estatal. 

Polos micrófonos da emisora pública pasarán desde primeira hora os representantes galegos dos grupos políticos presentes no Congreso. Así, está previsto que interveñan na programación especial da Radio Galega os deputados María Ramallo (PP), Pablo Arangüena (PSOE), Antón Gómez-Reino (UP) e Néstor Rego (BNG). 

A cobertura informativa completarase coa interpretación política en directo de prestixiosos analistas como Luis Pérez, María Cadaval, Fernando Ónega, Ricardo Colmenero, Bieito Rubido ou Javier Casqueiro. Todos eles achegarán as claves do histórico contexto político actual. 

Os oíntes da Radio Galega poderán seguir esta programación especial a través das canles habituais (FM e TDT), así como a través da web "radiogalega.gal" e das aplicacións móbiles CRTVG e Radio Player.