Destacados
Rubén Domínguez fala sobre a xestión do estado de ánimo neste confinamento deportivo
O adestrador de baloncesto e psicólogo deportivo Rubén Domínguez conversou con Xoan Galán sobre como poder levar mellor esta quinta semana de confinamento "Cada persoa ten uns mecanismos distintos pero, sobre todo, hai que ter uns hábitos diarios, con actividades comúns, hai que tratar de non trocalas. Hai que ter calma e seguridade de que facendo o que nos din, non teremos problemas"
Sobre o gran problema da ansiedade, Rubén Domínguez da algunhas chaves "O problema dos nervios e da ansiedade hai que saber controlalos. Hai ferramentas de respiración, buscar momentos de calma e evadirse de tanta información que nos está a chegar. Hai xente en Galicia que ve cousas que pasan en Madrid e Barcelona e ten medo sen darse conta que ao seu arredor non é a mesma situación"