CRTVG

Buscar

Efervesciencia

O investigador galego José Edelstein gaña unha mención no premio da Gravity Research Fundation

23/05/2019 - 00:42 h

No primeiro instante despois do Big Bang o noso universo sufriu unha expansión hiperacelerada nunha quintillonésima parte de segundo. Neste lapso, o universo aumentou nunha proporción análoga a que ocorrería se unha habitación de 10 metros cadrados medrase ata ocupar todo o universo. Este fenómeno coñécese como inflación cósmica.

O investigador do Instituto Galego de Altas Enerxías José Edelstein vén de gañar unha mención no premio da Gravity Research Fundation ao propor un mecanismo alternativo á explicación tradicional deste fenómeno.

Espazo de información científica
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí