CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A escrita do inverno e do Nadal

31/12/2019 - 10:44 h

Coincidindo co día en que rematamos o ano, o noso colaborador Armando Requeixo conversa connosco dun tema ben acaído para as datas en que andamos: a escrita do inverno e do Nadal.

No primeiro treito da colaboración lémbranse algúns casos moi coñecidos de obras literarias universais que centraron a súa atención no tempo do Nadal. Textos de Dickens, Joyce, London, Andersen, Dostoievski ou Gogol, entre moitos outros, teñen como protagonistas os derradeiros días do ano e as súas celebracións, amosando a especial fascinación que dende sempre exerceron estas datas nos creadores de todo lugar.

A última parte da intervención xira arredor da presenza do inverno e o Nadal como motivo temático na literatura galega, citándose exemplos moi significados tanto de pasadas centurias como, sobre todo, do século XX e do actual. Xorden, así, os nomes dos cultivadores de vilancetes do XVII e XVIII, mais tamén os doutros clásicos como Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro ou, máis próximos a nós, Manuel Rivas e Pemón Bouzas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí