Diario Cultural
Dickens e Balzac en galego
Marchamos á década de 1830 da man de dous dos máis grandes escritores europeos do século XIX, o francés Honoré de Balzac e o inglés Charles Dickens. Conversamos con Isabel Soto, a tradutora de Gobseck, de Honoré de Balzac, publicada por Hugin e Munin, e con Estela Villar, autora da introdución de Oliver Twist, para Rinoceronte Editora. Dúas obras para entender os cambios sociais e culturais da sociedade europea hai case dous séculos.