CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Celebramos o Día da Ilustración, adicado este ano a Cándido Fernández Mazas

30/01/2020 - 10:30 h

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Cándido Fernández Mazas.