CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Sons para un regreso

29/12/2021 - 10:31 h

A historia da Deputación da Coruña coas axudas a artistas para a súa formación non é algo recente nin moito menos, vén de ben atrás. O primeiro músico foi o violinista Andrés Gaos Berea en 1885. Daquela o destino era o Conservatorio Nacional de Música e Declamación de Madrid, aínda que na actualidade se extende a centros internacionais. Máis dun século de apoio á arte, e á música en concreto, dándolles oportunidade de formación, pero sobre todo oportunidade de facer carreira da música, a un gran número de artistas da provincia.

Ese é o caso, non no século XIX, senón nos últimos 20 anos, das músicas Rosalía Gómez Lasheras, Patricia Cadaveira, Ana Yáñez e Alma Sarasola. Falamos hoxe delas porque son as protagonistas de 'Sons para un regreso', unha serie de concertos que se celebrarán no Teatro Colón da Coruña o 6 e 7 de xaneiro. Un regreso que, no caso destas catro artistas, é unha carreira musical de talento, non sempre visible na súa terra.