CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A estrea de 'Poeta en Nova York'

29/01/2020 - 10:30 h

A produtora Paloma Lugilde presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo. Por iso, a experimentación terá un gran peso, materializándose nun espazo escénico contemporáneo no que a honestidade estea presente creado pola directora e dramaturga Paloma Lugilde.

O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta, e Sabela Eiriz. Completan o equipo Ramón Ferreira na documentación, Diego Blanco nas proxeccións, Alfredo Sarille na luz, Pablo Sanmamed na música e Xoán Laxe na tradución.

Falamos coa directora Paloma Lugilde e a actriz María Roja.