CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Os 'Golpes de luz' de Ledicia Costas

28/12/2021 - 10:44 h

Golpes de luz, de Ledicias Costas, é o título que esta semana nos convida a ler Armando Requeixo.

Unha nai separada que retorna co seu fillo pequeno a Galicia dende Madrid para vivir coa súa nai, a avoa do pequeno. Unha nova realidade familiar á que todos terán que afacerse e na que han influír, decisivamente, o pasado e os seus secretos.

A complexidade das relacións familiares. A estreita liña que separa a cordura da tolemia e a demencia. Os segredos que erguen muros de silencio entre pais e fillos. A dificultade de adaptarse a un novo lugar tras unha mudanza inesperada. As heroínas reais e as imaxinarias. O instinto de protección da proxenie. A dureza das separacións conxugais. O abuso escolar. A lacra do narcotráfico. A violencia de xénero. Estes e moitos outros máis temas irrigan as arterias deste corpo novelístico de extraordinaria musculatura que é Golpes de luz, un novela narrada a tres voces: a da avoa Luz, a súa filla Xulia e o seu neto Sebas.