CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Poden unha miñoca e un coello ser amigos?

27/12/2021 - 17:31 h

"Miñoca atópase con Coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas... Ou, se cadra, non tanto." Así reza a sinopse de 'Miñoca e Coello', o novo conto de Ramón D. Veiga que ilustra Iván R. Precisamente polo 'Diario cultural' pasou Ramón D. Veiga para falarnos desta súa nova publicación en Xerais.