CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Luísa Castro publica o poemario 'Actores vestidos de calle'

27/12/2018 - 10:30 h

A escritora Luísa Castro presenta o poemario Actores vestidos de calle, publicado pola Editorial Visor. Esta obra chega nove anos despois do seu último libro, un tempo que aproveitou para "reflexionar e ler porque, ás veces, a nivel literario, o tempo e a vida piden parar".

Neste tempo, Luísa Castro desenvolveu o seu traballo como directora do Instituto Cervantes, onde descubriu a importancia do traballo colaborativo. Agora volve cunha poesía renovada, froito do diálogo e da reflexión persoal.

"Hai tanto sobre o que escribir. Todas as cousas do día son motivo de escritura", conta a poeta.

O poemario Actores vestidos de calle fala da soidade do escritor e do que hai no interior de cada persoa. Como é o tempo de silencio cando un escritor deixa de escribir? Que hai detrás de nós cando quitamos a máscara?

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí