Diario Cultural
Lara Dopazo Ruibal leva a Antonia Pozzi de novo ás librarías galegas
'Lume branco' escolma os poemas dos últimos anos de vida de Antonia Pozzi, escritos entre os anos 1935 e 1938. Unha poesía que dá conta da súa intelixencia, a súa sensibilidade e a súa bagaxe intelectual. Uns poemas poboados de natureza e montaña, de soidade e morte, en que tamén destaca a súa fonda preocupación pola crise social e política que vivían Italia e mais o resto de Europa no período de entreguerras. A tradutora ao galego destes poemas é Lara Dopazo, que nos visita e mesmo le algunha desas pezas.