Diario Cultural
'O peso do cerebro'
Esta semana, Armando Requeixo comenta para nós 'O peso do cerebro', a máis recente novela de Xesús Constela.
'O peso do cerebro' (Xerais) é o relato da fuga desorientada dun vello con demencia senil que escapa da súa casa e se bota ás rúas da cidade guiado polos seus recordos e vestido estrafalariamente. Polo camiño, a súa mente faino acompañarse dunha sorte de procesión fantasmal de personaxes que só poboan a súa cabeza desvariada e que o ensimesman, aínda máis, no seu estraño deambular.
Mais 'O peso do cerebro' é tamén unha narración sobre a memoria e o seu esfarelamento, sobre a identidade a ela unida e sobre a forza dos recordos. Todo ao tempo que propón unha relectura crítica da situación e da historia recente da ben recoñecible “cidade barco” onde acontecen os feitos.