CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Compostela, a cidade onde descubrimos as orixes da fotografía

27/02/2019 - 10:30 h

Se paseamos pola zona vella de Compostela no ano 1856, descubrimos o primeiro estudo fotográfico permanente de Galicia, aberto polo fotógrafo Andrés Cisneros.

O Consorcio de Santiago e a Editorial Alvarellos publican o libro ‘As orixes da fotografía en Galicia’, unha investigación do fotohistoriador Carlos Castelao.

Os pintores da época viron a chegada da fotografía como unha ameaza para o seu oficio, así que a maioría deles convertéronse en fotógrafos por necesidade.

"Co ascenso da burguesía de finais do século XVIII e principios do século XIX, todos querían obter unha imaxe de si mesmos", explica o investigador.

Aínda que Andrés Cisneros foi o primeiro, houbo outro fotógrafo que acadou gran éxito entre a sociedade picheleira da época. El foi Juan Palmeiro.

Nun oficio en que as mulleres tamén eran silenciadas, dous delas loitaron contra o establecido e puxeron en marcha os seus propios estudos na cidade compostelá. María Cardarelly aprendeu no estudo de Juan Palmeiro e foi a autora das dúas primeiras fotografías coñecidas de Rosalía de Castro. Outra das fotógrafas pioneiras foi Juana Cabello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí