CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A Irmandade da Música Galega e o seu labor de recuperación, difusión e posta en valor do patrimonio musical galego

27/01/2020 - 10:51 h

A Irmandade da Música Galega e o seu labor de recuperación, difusión e posta en valor do patrimonio musical galego centran a colaboración de hoxe.

Coñeceremos algo máis a Prudencio Piñeiro e Manuel Martí, dous compositores quizais pouco coñecidos para o grande público, pero moi interesantes polo seu legado musical, que centran o concerto que esta asociación, xunto coa Real Academia Galega de Belas Artes, organiza este venres día 31 de xaneiro.

Será no salón de actos desta última institución ás 20 h, e correrá a cargo dos mestres Margarita Viso e Javier Ares ao piano, e da mezzosoprano María José Ladra.