CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Rosalía de Castro, protagonista do Premio Nacional de Ensaio

26/12/2018 - 10:43 h

Hoxe viaxamos no tempo ata o 24 de febreiro de 1837, data na que nace a gran Rosalía de Castro. A obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), escrita por María Xesús Lama e publicada pola Editorial Galaxia, acaba de recibir o galardón do Premio Nacional de Ensaio 2018, un recoñecemento outorgado polo Ministerio de Cultura.

"Ter un premio nacional de ensaio é unha gran noticia para a cultura galega", conta María Xesús Lama neste espazo cultural.

Nas páxinas da súa obra, o lector pode descubrir unha imaxe diferente de Rosalía.

"Os lectores amósanse abraiados despois de ler a obra", asegura a autora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí