CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Especial do 'Diario cultural' dende Culturgal

26/11/2021 - 17:05 h

Hoxe o 'Diario cultural' esténdese na tarde nun programa especial dende a feira da cultura galega, o Culturgal!

Falamos co director do Culturgal, Xosé Aldea; con Pepe Cunha, o comisario da exposición 'Cantámola en galego'; temos dose extra de teatro co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, con Cándido Pazó e con Marta Pazos, e metémonos en faladoiro literario coas editoriais Apiario, Irmás Cartoné e Kalandraka.

E entre prato e prato, como non sempre a montaña vai a Mahoma, Vituco Neira encárgase de achegarse aos diferentes postos desta gran feira da cultura galega.

Todo isto e máis cabe neste especial do 'Diario cultural' dende Culturgal.