CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Formigas nos pés', de Nazaret López, e 'A casa xunto ao volcán', de Xosé Ricardo Losada

26/11/2019 - 10:48 h

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura das novelas Formigas nos pés, de Nazaret López, e mais A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada.

Formigas nos pés (Xerais) é o relato dun desamor, da ruptura amorosa dunha parella de moitos anos. Unha muller na fronteira dos cincuenta ten que se reconstruír deixando atrás o que foi o amor da súa vida, con todas as renuncias, feridas e sombras que a nova situación lle trae, mais esperanzada en atopar unha luz ao final dese longo e doloroso proceso que a obriga a renacer das súas propias cinzas.

A casa xunto ao volcán (Galaxia) é a historia de Xeila, unha rapaza de dezasete anos que, por mor do traslado laboral de seus pais, pasa de vivir en Ourense a estudar nun instituto de Rianxo. Este cambio, unido ás ensinanzas dun seu exprofesor de Filosofía, levarán a Xeila a reformular a súa vida e as relacións que mantén coas persoas que a rodean, facendo que abrollen novas personalidades súas ata entón ocultas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí