Diario Cultural
Xabier Cid presenta '10.000 millas de andar na bici'
'10.000 millas de andar na bici' é un libro que nos transporta a Glasgow. A cidade onde Xabier Cid estivo traballando, entre 2018 e 2020, como repartidor de comida rápida. Unha profesión que estivo agochando aos seus coñecidos e que agora decide narrar nesta obra.
No Diario cultural quixemos conversar co propio Xabier Cid sobre a súa novela.