CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Talía Teatro estrea 'A primeira vez'

26/03/2019 - 10:32 h

A compañía Talía Teatro estrea este venres o espectáculo A primeira vez. Unha historia de amor e desexo que busca reflectir con naturalidade as primeiras experiencias sexuais dos adolescentes. Unha realidade moi diferente á amosada na ficción.

Neste Diario cultural falamos co director Artur Trillo e os actores protagonistas, María Ordóñez e Toño Casais.

"A primeira vez dunha parella é moi parecida á estrea dunha obra de teatro, cambia a intimidade, pero penso que as tensións son as mesmas", conta o seu director.

"A miña personaxe, Mada, é unha rapaza nova que busca que a súa primeira vez sexa coma nas películas e nas cancións románticas", explica María Ordóñez.

"Carlos está disposto a aceptar todos os códigos de Mada, quere que chegue o momento e non quere esperar, aí é onde xorde o conflito", engade Toño Casais.