CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Museo do Pobo conta a historia de Galicia

26/01/2022 - 17:31 h

 

O Museo do Pobo Galego inaugura unha nova sesión dedicada a contar a historia de Galicia. Polo momento poden visitarse as salas que percorren desde a Prehistoria ata o reino suevo do século V, pero o proxecto de ampliación do museo incorporará proximamente salas dedicadas ao medievo, á Idade Moderna e á Idade Contemporánea. Conversamos con Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego e mais con Manuel Vilar, o director do museo.