CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Xa se pode xogar a demo de 'Intruder in Antiquonia'

26/01/2022 - 10:31 h

A historia comeza así: unha moza chamada Sarah aparece nos accesos a Antiquonia, con amnesia, e trata de descubrir quen é e que fai nese lugar. En canto comeza a falar coa veciñanza, decátase de que pasa algo, e de que as casualidades non o son tanto.

 Esta é a proposta de 'Intruder in Antiquonia', un videoxogo de aventura clásico, en 2D e de mecánica 'point and click', que é o novo traballo de Aruma, o estudio da Coruña formado por Silvia Izquierdo e Rubén López. Acaba de saír a súa demo en Steam, así que queremos que nos conten máis sobre o que agardar nesta aventura.